å...en deshuso: Sen persoas

Sen persoas

lördag, september 19, 2009

Recibo críticas porque non escribo moito no blog. A verdade é que poñéndome do lado dos que ledes desde ahí vexo que é extraño: este está lonxe que nin diola e non conta nada pensaredes vos. A verdade é que estou lonxe de carallo, sí. Pero por unha parte a novidade para mín é relativa, primeiro porque o entorno parécese bastante a Finlandia. Aquel momento era de festa gratuíta. Prestábase máis. Os que fostes de Erasmus xa sabedes do que falo. Agora estou estudiando unha cousa que teño que pagar eu, que se non a saco métome nun pequeno problema co ICO, e que realmente polo de agora estame a cautivar: o contido e a docencia.

Por outro lado, esto non é un erasmus (¿pero eso xa o dixeches?) Sí, xa o dixen, pero é así. Cando un se vai de erasmus vaise normalmente a un lugar donde coincide con moitísimas outras persoas na mesma situación. Aquí poucos extranxeiros somos, os rusos non me convencen (son unha raza moi falsa) e os mozambiqueños andan ó seu. Os dous suecos do master son cos que máis me levo, pero tamén andan bastante cada un á súa vida. Tampouco me caracterizaba en Pontevedra por estar en tódalas mandangas. Home, como se deduce da entrada anterior, tempo para xogar ó fútbol sempre se saca, esas ofertas non se poden rexeitar. A semana pasada fumos dúas veces. Estaba tan concentrado no xogo que fotos non saquei, pero eso do fútbol xa sabedes cómo vai.

Ademáis, sabedes ben que eu son bastante eremita e non me pesa pasar tempo só. Eso asenta as ideas na cabeza. Ademáis, coido que eu mesmo son moi boa compañía.

Vamos, que son un antisocial.

Nembargantes, ante as peticións aquí tendes máis fotos en Flickr: eso sí, por levar a contraria, sen persoas.

1 kommentarer:

Anonym sa...

Muy bonitas las fotos!!!!! fascinada con la biblioteca universitaria!