Ás nove da mañán chamaron á porta. Extrañoume, porque aínda non teño amigos que me veñan a chamar, pero era o señor carteiro que me traía tremendo paquete enviado por Saleta desde Poio. Entre outros bártulos traía o cable para volcar as fotos da cámara ó ordenador, boa cousa, a estas alturas. Ahí tendes un pequeno adianto en Flickr (ou ben en forma de presentación), pouca cousa: os arredores da miña casa e pouco máis. Xa sabedes que durante a viaxe tiña a cámara sen pilas. Además, non vos vou a desvelar todo á primeira. O paquete viña moi ben equipado, sobre todo no que se refire a tacos e pinchos da terra, en lata ou embutidos. Sempre ven ben ter a man.
Pola tarde funme a buscar o ÖoB, un hipermercado cun catálogo moi prometedor que me meteron no buzón. Estaba lonxe de carallo, levóume unha hora a pé. Non so topei o ÖoB, senón tamén un Piñeiro Sport... vos xa me entendedes. Además de outros establecementos susceptibles de ser usados para pasala tarde sen comprar nada.
O que sí que non dou atopado é o Nesquik (ColaCao = merda).
Explorando o entorno
fredag, september 04, 2009
Upplagd av Couce kl. 19:37
Etiketter: Adaptación




0 kommentarer:
Skicka en kommentar