å...en deshuso: Paseo fluvial

Paseo fluvial

lördag, september 12, 2009

A pesares de que esta semana comezamos con material serio xa no master (Project Management, Sawmill Technology e Wood Anatomy and Wood Physics), hoxe pola tarde funme a dar un paseo pola ribeira do rio que lle da nome a esta cidade (Skellefteälven). A boa tarde que fixo facíao case obrigatorio.



Os nativos tamén aproveitaban a benevolente meteoroloxía sabendo que o frío e escuro inverno se vai achegando, e que o outono, que xa está aquí, adoita ser moi ventoso e non deixa moita tregua, disque, para as actividades outdoor.

Menos mal que esta xente está preparada (que remedio lles queda) para trasladar ó interior aquelo que de boa gana se fai ó aire. O outro día puiden comprobar que teñen no campus un estupendo pabellón de parqué para darlle á pelota, ou como foi o meu caso, á pluma. Sí, exactamente é o que estades pensando: despois de tantos anos da última clase co Buzo, voltei a coller unha raqueta de badminton. Tamén, é o que mais se me acercaba ó tenis. A ver cando podo catar ese parqué para o que me interesa realmente, xa sabedes.

¡Ah! Levei a cámara á miña camiñata, poucas fotos: Flickr.

PD.: Escribindo esto doume conta de que estamos a 5 gradiños a mediados de setembro.

1 kommentarer:

Anonym sa...

Ya puedo¿?¿?¿Siiiiiiiiiiii!!!!Las fotos molan muuuuuuuuucho!!!!Más, más!!!