å...en deshuso: Lección maxistral

Lección maxistral

tisdag, september 29, 2009

Salimos onte ás 8:15 do campus en dirección ós bosques de Burträsk, guiados por un dos Enxeñeiros Forestais que se encarga da xestión da zona de Skellefteå nos bosques da empresa Norra Skogsägarna. Despois de visitar certas parcelas e recibir variadas explicacións da xestión forestal da zona, fumos a ver traballar as máquinas nunha corta (o de sempre). Procesadora, forwarder e camión. Hai quen di que as comparacións son odiosas, pero eso é so cando fan que se nos caia a cara de vergoña.

Varios puntos interesantes na xestión forestal sueca comparándoa coa galega:
Bosque Autóctono: Ademáis de que teñen unha orografía e unhas formacións boscosas moi apropiadas para a mecanización, tamén hai que ter en conta que en toda Escandinavia superon utilizar as súas propias especies: Piñeiro, Abeto e Bidueiro. Os turnos de corta son duns 100 anos de media, podendo chegar ós 120. Comparación odiosa: un dos motivos polos que en Galicia non se utiliza o carballo ou outras frondosas en xestión forestal ou na industria da madeira é porque o seu turno de corta considérase excesivo. Son 80-90 anos.

Integración: emocionábame escoitar a unha persoa encargada da xestión forestal falar de ecosistema, biodiversidade, respeto pola fauna, etc e comprobar cómo se aplicaban estes principios. Por exemplo, a procesadora pela as ramas dos pinos xusto diante da cabina, para pasar porriba delas e non directamente sobre o chan, evitando así a erosión. Esto fano nun lugar donde a pendiente media dos montes adicados á explotación debe de ser dun 2% e non a erosión por escorrentía é mínima. Ademáis algunhas árbores córtanas deixando un tocón moi alto, simplemente para que se descompoña alí de xeito natural e sirva como hábitat para mocrorganismos, fungos, insectos, etc. Comparación odiosa: Durante os meus estudios de forestais só escoitei as palabras citadas ó principio para ridiculizalas (eses ecoloxistas... eso é imposible). A única xestión forestal que estudiei eu baseábase en obter a maior cantidade de cartos posible, aplicando a teoría de que ou estás conmigo ou contra mín. As árbores no monte son billetes plantados que tardan demasiado en sair. A maquinaria que vin eu traballar no monte en Galicia iba deixando un rastro de desfeita e de terra desnuda que coa chuvia acaba no regato máis cercano.

Comunidade = común + unidade: A empresa Norra Skogsägarna é unha empresa da que son propietarios os 15.000 propietarios privados (valga a redundancia) que aportan o seu bosque para que a empresa o xestione. Principalmente familias con pequenas parcelas. A empresa ten case 1.200.000 hectáreas de terreos nas tres provincias máis ó norte de Suecia. Comparación odiosa: o monte en mán común de Rebordelo son pouco máis de 100 hectáreas e uns 60 propietarios e andamos a ostias uns con outros por un puñado de terra que non vale un peso.

Forestry Act: Lei sueca sobre a xestión do monte. Data da década dos 70, cando a cantidade de madeira cortada estivo a piques de igualar o a taxa de crecimento dos bosques. Entre outras medidas establécese que cando unha parcela se corta débese de rexenerar (sexa de xeito natural ou sementando) ou que se levas as ramas da parcela (para bio-enerxía, por exemplo) tes que esparcir por ela as cinxas. Se non o fas non podes volver a levar as ramas desa parcela nunca, porque considérase que eliminas demasiados nutrintes. Comparación odiosa: Cómo será a lei do monte de Galicia que permitiu que o Eucalipto e o Piñeiro sexan os reis do monte. Hasta tal punto que o maior propietario forestal privado de Galicia (unha coñecida empresa) plante tan só eucalipto. Bueno, minto, de cando en vez utiliza algún piñeiro para establecer discontinuidades na superficie plantada de eucalipto e así eludir a evaluación de impacto ambiental obrigatoria a partir de certa superficie continua de monocultivo.



Como punto final da viaxe subimos ó cumio deste pequeno monte. As palabras do noso anfitrión (recordemos outra vez, Enxeñeiro de Montes, non Biólogo nin activista de grinpis) foron máis ou menos:

Tráiovos aquí ó final para que teñades sempre presente que estamos a traballar cun recurso natural e dentro dun ecosistema complexo. Debemos saber utilizalo. A xestión forestal ten que ser moito máis que aserradoiros e plantas de pasta e papel. Temos que ter en conta ás xeracións vindeiras.


Caíanme as bágoas. Case aplaudo. ¿Achegarémonos algún día a unha xestión forestal parecida? Espero que sí, pero son moi pesimista. Xa sei que a comparativa é moi negativa, pero non dou atopado nada que fagamos millor no que a xestión forestal e industria da madeira se refire.
Fotos no meu Flickr.

7 kommentarer:

jotiña sa...

en los meses de oscuridad como trabaja esta gente no monte?
como diría Groucho Marx: ¡¡Más madera!! ¡¡Es la guerra!!....

Anonym sa...

Guau!!La verdad es que esto que acabas de contar nos deja un poco mal. Hace falta una renovación de plantilla y jóvenes que como tú conoceis otras filosofías de trabajo más eficaces,mucho menos agresivas y seguro que más rentables, no emigreis y que volvais con proyectos y que por lo menos intenteis llevarlos a cabo.
Por cierto, esto no lo saqué de ningún informe, es una conclusión propia , te lo digo por si no te sirve ok?

Couce sa...

En los meses de oscuridad trabajan muy abrigados, que hace mucho frío, pero trabajan igual. Las máquinas pueden trabajar hasta con 1 metro de nieve y tienen tropecientas luces...por cierto... iba a decirte que se quedan unas noches espectaculares, pero la verdad es que se quedan unas noches de 4 graditos ya a estas alturas.

jajajajaa, esa fue buena, Silvia!!! Pensaba que te habías chinado conmigo y con mis malos modos, que me pierden. Me alegro de ver que no. Un beso fuerte!!

jotiña sa...

las noches siempre son espectaculareesss!! jajajaja!




ummm por lo menos aqui jeje.

Jaime Olmedo sa...

Muy bien Couce, me gustó mucho el post. A mis hijos ya no los voy a a llamar Breogán y Rosalía. Se merecen mombres como Axel (vi en internet que es un nombre típoco sueco) y si es niña le llamaré Ikea (que suena muy bonito, y vasco) "Ikea Ikea, vamos al monte a cortar el árbol de navidad"-"pero papá tu amigo Couce dice que..."-"shhh, Ikea, calla un poquito y ayuda a papi a reventarlo todo..."

repito: muy interesantes el artículo.

unha aperta!

Unknown sa...

se que parece una exageracion, pero casi lloro. y no es una exageracion.

ultimamente...frustrante todo

Anonym sa...

Con lecciones asi aprendemos todos, incluso los que somos profanos en la materia.
Sigue así, que esto tiene futuro.
Un saludo. Nando