Non din collido sitio nos bancos acolchados para durmir, e tiven que facelo nun de madeira. Estaba concurrido. Tanto ten, estou acostumado. Ás veces de noite dóeme o lombo e déitome a durmir no chan. O caso foi que despertei pola mañán coa sensación de ter descansado. Funme para a sala de facturación da terminal 4 para facer o auto check in e botar a maleta no mostrador de Drop off. Con SAS é outra cousa, tamén é outra cousa cando pagas, pero esta vez non me salíu mal o asunto. Por alí andaban unha parexa de Arxentinos esperando o mesmo avión para Skellefteå. Extañoume, pero fixen como se non entendera o que falaban. Estaba empezando a facerme o sueco (esta púxenma a huevo a min mesmo). Xa no avión, coa sorte de non levar ninguén ó lado e poder ter tres asientos para min e para outro sueco, servíronnos o Desayuno continental frio, como reflexaba o mail que me mandaran da confirmación do billete. Eso sí que é unha marabilla. Frío era, pero unha taciña de té ou de café púñancha ben quentiña. Pan, iogur, manteiga, marmelada... non almorzo así na casa. Pasóume rápido o voo.
O avión empezara a maniobra de aterraxe facía tempo, pero eu non vía o chan por ningures. E seguía baixando. Había unha néboa de carallo. Estaba o día gris, triste. Bastante galego. E velo galpón que é o aeroporto e que efectivamente ninguén me esperaba nel non o alegraba moito máis. Tampouco era tanto problema, simplemente tiña que coller o bus ó centro (esto é Suecia, e se chega un avión, hai un bus para que non quedes zapateado) e buscar por Skebo, a axencia de aloxamento local. Unha cousa rara que por ahí non temos. Non é unha inmobiliaria, xa que non vende pisos, só os aluga e centraliza nese aluguer todalas facturas. Alí tiveron unha confusión ou sabe Dios, o caso e que non me deron a habitación que me tiñan reservada nunha residencia e déronma nun piso, coa boa sorte de que un problema coas pechaduras das habitacións fixeron que non tivese que compartir o piso de primeiras, hasta que a arranxaran. Esto mosqueóume, por aquelo de coñecer xente ó principio. E para acabar de liala dinme que non me van a levar á casa. Cando digo levar, digo, polo menos, acompañar para saber onde é. ¡Ó carallo! Plano en man, 25 quilos de equipaxe e media hora camiñando. Camiño que tiven que desfacer para ir por pimeira vez ó supermercado, pois non tiña nada, de nada, e por algún lugar tiña que comezar.
Heche o que foi o meu primeiro día por aquí. O caso é que xa levo uns dez días e a casa xa me gusta, así como non ter que compartila con ninguén polo de agora. Non me cambio. Boa zona e casa cómoda. Outro día cóntovos o que me pasóu cando tratei de entrar na lavandería.
Chegada a Skellefteå
måndag, september 07, 2009
Upplagd av Couce kl. 22:32
Etiketter: Adaptación, Viaxe




0 kommentarer:
Skicka en kommentar