Domingo
12:04 Saio da casa a explorar a zona este da cidade
13:43 Volto para casa. Non temos corriente.
13:56 Remato de blasfemar. Abro a porta da rúa nun acto absurdo. Vexo que hai alguén arranxando a avería.
13:59 Entro de novo. Xa temos corriente.
20:14 Dóume conta de que o conxelador perde auga. Escarallouse.
20:32 Remato de blasfemar. Vou á casa do veciño para que me deixe meter ahí a pouca comida que tiña conxelada.
20:47 Mando un e-mail a skebo para que mo reparen.
Luns
08:00 Vou á clase.
12:02 Chego da clase. Hai outro conxelador, e outra nevera. Novos do trinque. ¡Ai, que ben!
Martes
Fumos de excursión a un aserradoiro. Pequeno, decían os suecos. 120.000 metros cúbicos ó ano. Para que vos fagades unha idea, cando se clasifican os aserradoiros en función da súa producción anual utilizanse dúas clasificacións distintas: unha para Escandinavia e outra para o resto de Europa. A vos daravos igual, pero a mín as máquinas que comen madeira gústanme moito, xa sabedes. Fotos.




2 kommentarer:
Gwern Llywellin is going to travel to Helsinki to see a football match between Finland and Wales. He wanted me to ask you about the chances for him to meet you in Finland.
O Pontevedra queda co escudo de sempre.
Este ano en principio imos vivir nun ático da rúa Gonzalo Gallas (inicia pesquisas) con cociña de ferro e todo.
En Nadal, caerán alí unhas castañiñas.
Saluten, salchuten.
You can tell Gwern that going to Finland is gonna be quite difficult to me, as long as there aro no international flights from Skellefteå Airport. So that, it can be quite expensive. Besides, I have lectures almos everyday and I shouldn't miss any on them.
O do escudo xa o seguín con moito interés. De feito comencei a escribir unha carta para mandar ó clube, misión que abortei cando supen que se faría unha enquisa.
¿Dende o teu ático podes ver os pianos de cola do escaparate de Alba Solomúsica?
Skicka en kommentar