å...en deshuso: WDC 2010

WDC 2010

måndag, januari 18, 2010

Mañá entro ás 07:50. Comeza a undécima Conferencia Internacional en Secado da Madeira (International IUFRO Wood Drying Conference 2010) na que teño a honra de participar en tarefas de axuda á organización. Concretamente, seremos oito persoas tendo conta dos aspectos técnicos. Pouca cousa: cable por aquí, enchufe por alá, estepptnonfunciona por aló, etcétera. Sen embargo, a acreditación que recibo permíteme ser parte do congreso a tódolos efectos. A oportunidade de aprendizaxe é única, pola coincidencia xeográfica e porque de querer acudir de outro xeito tería que soltar unhas cincuenta mil pesetas.

A WDC celébrase anualmente cada dous anos nunha cidade distinta. A primeira, en 1987, foi en Skellefteå e este ano está de volta. A casualidade quixo que coincidise coa miña presencia na pequena cidade nórdica, e ademáis que se me tivese en conta para formar parte da organización, ainda que sexa no máis baixo nivel.

Ademáis de aspectos únicamente centrados no secado da madeira, os temas tratados nas conferencias abarcan tódolos tratamentos de madeira con calor, como por exemplo os tratamentos térmicos para incrementar a durabilidade da madeira, algo que me interesa dende fai bastante tempo e que agora terei a oportunidade de estudiar en máis profundidade.


Se estades por aquí e vos interesa, pódovos coar.

2 kommentarer:

Anonym sa...

Pues nada, a aprovechar el evento y sacar el máximo partido del acontecimiento.
Un abrazo. Nando

AsunBeiro sa...

se te ve mejor que a mi , cuando fuí por primera vez a esquiar, creeme, juro nunca mas intentarlo.
menudas oportunidades mas buenas se te presentan!!!!, aprovéchalas bikos gordos.