å...en deshuso: Máis neve

Máis neve

fredag, januari 29, 2010

Durante os últimos días caíron uns 20cm de neve en Skellefteå que vestiron outra vez de branco nuclear toda a cidade. Porque a neve é branca ó principio, pero vaise tinguindo de colores máis oscuros e, nalgúns casos, noxentos. Os quitaneves non dan abasto e as palas amontonan a neve polas esquinas. Normalmente cando neva a temperatura sube, como cando chove en Galicia: é raro que chova e faga frío. Pero tamén así como se abre o ceo, a temperatura baixa, e baixa moito. Neste caso, uns vinte grados.


Click no álbume para velo meirande.

A derradeira foto explica por qué o álbume é tan escaso. Calquera saca a man da luva para darlle ó botonciño.

Como Flickr ten límite de fotos na súa versión gratuita, vou a probar Picassa, aínda que polo de agora non me convence. Déixovos un enlace á dereita.

1 kommentarer:

Unknown sa...

carallo, pero dentro oa vinteún eh pillastres

Silvia sa...

Joé....yo a esas temperaturas estaría artrítica perdida en plan Pozí, cuándo cambia el paisaje en el país del merengue???
Un saludo José Pocoyo

Unknown sa...

Frio, frio...
Un saludo. Nando

Jaime Olmedo sa...

qué pasada! mi cerebnro tropical no entiende de esas temperaturas! n lo puedo imaginar! me gustaría probarlo!

unha aperta Nanook!

Anonym sa...

Where is the english version???