Cortamos as berenxenas á metade, facémoslle uns cortes na carne sen chegar á pel, botámoslle un pouco de aceite e sál, e metémolas ó forno a 200 graos 20 minutos. Mentres, nunha tixola poñemos cebola, pemento e allo e fritímolo un pouco. Despois engadimos carne picada salpementada e a carne das berenxenas, deixámolas cociñar un pouco.
Para facela bechamel, noutra sarten ou nun cazo pequeno poñemos un pouco de aceite e cando esté quente botamos media cullerada de fariña e cociñámola. Imos engadindo pouco a pouco leite mentres removemos ata que colla a consistencia adecuada.
Enchemos as berenxenas coa mezcla anterior e cubrímola coa bechamel, poñémoslle un pouco de queixo porriba e gratinámolas no forno. Servimos cun pouco de perixel picado espolvoreado porriba, e a papar.
Como en Suecia se cena moi cedo e hoxe tiña tempo e gañas de cazolear, boteime a facerlle unha homenaxe a arroz con huevos. Bo, a dicir verdade o da homenaxe ocorréuselle unha vez a Saleta e eu roubei a idea. Gracias a Jaime e a todo o seu equipo por semellante mostra da gastronomía contemporánea que nos permite enriquecer o noso libro de receitas mentres botamos unhas risadas. Noutra ocasión farei unha receita sueca, pero nese caso espero poder cumprir o meu soño e publicar en arroz con huevos.
PD
A min tamén me pareceu raro que a palabra correcta sexa reenchidas, pero seica é así.
PD 2
Sobrou bechamel e quixen facela artistada coma se fora salsa, pero non me saíu moi ben, ou? Teño moito que aprender do homenaxeado.




2 kommentarer:
jajaja! muchas gracias! qué ilusión saber que el blog es útil! jejeje! aaaay Couce! el día que haga albóndigas te las dedicaré por aquello de Ikea, yo que sé. Muy buen mantel! pena que no se pueda ver la dedicatoria de Jaco que no me acuerdo como era pero era una joyita de las de Jaco, de las buenas.
Bueno Couce y Saleta muchas gracias por el homenaje y mándate una receta sueca y la hago tal cual me digas y la publicamos con su correspondiente mención...
unha aperta Leucocito!!
cARALLO! VENTO EN POPA ARROZ CON HUEVOS!
TEN BOA PINTA! RECETA CLASICA DE NAI!!
UNHA APERTA!
Skicka en kommentar