Teño dúas noticias sobre a nosa viaxe a Levi, unha boa e unha mala. A boa é que temos tódolos osos intactos. A mala é que a cámara de fotos quedou esquecida en Skellefteå. Polo tanto non teño moitos documentos gráficos. De feito non teño ningún no que se acredite a miña incipiente habilidade como palilleiro nin da miña fazaña baixando a pista negra máis empinada de Finlandia. Tamén é ben certo que caín na metade e custoume de carallo volver a poñerme o esquí que perdera, pero tamén que era o terceiro día que esquiaba na miña vida. Non está mal ¿ou? A cantidade de neve que había era espectacular. Unha cousa esaxerada. Co vento as formas que tiñas as acumulacións de neve nos postes ou nas árbores eran ben caprichosas.
Debido a que non tiña cámara, déixovos unha colección de fotos sacadas de Google nas que vexo reflexada a paisaxe que vimos:
A pista frontal (unha, dúas, tres, catro, cinco fotos), qué é a máis emblemática que teñen, e do snow park que hai ó lado(unha e dúas). As pallozas con fogueira dentro para parar a quentar o fuciño cunha cunca de café (infusión no meu caso). Unhas paisaxes (unha, dúas, tres e catro) e a saída da góndola, no cumio. A sensación alí arriba era indescriptible, se queredes saber cómo é, tendes que ir.
Xa sabedes que para os detalles máis interesantes Salefteå ten máis xeito.




4 kommentarer:
Como molaba la cabaña para descansar y comer algo!! Tantas horas de esquí bien merecían un descanso.
Son buenísimas la fotos!! Aunque el directo mucho mejor.
MAENCANTAO!! ;D
mimá chaval!!! canta neve! cómo mola nordilandia! qué sitio bonito! pena de cámara para ver vuestros looks perris! ojalá algún día podamos ir a esquiar en pandilla porque serían muchas risas...un abrazo pillao!
La pista negra da verdadero miedito. Ni en las peregrinas más descocadas he visto tal pendiente+velocidad. Eres un auténtico valiente. Un besote de alpinista.
O mellor, non traer ningún oso roto. O da cámara non ten importancia porque ben podiades ser un daqueles persoaxes que se ve alá lexos.
Que sitio mais chulo para ir. Deixasme sin palabras.
Un abrazo. Nando.
Skicka en kommentar