Pois nada, muchachada, amigos, familiares e demáis visitantes deste o meu novo blog, desde o que pretendo contarvos as miñas vivencias neste setentrional paraxe. Permitídeme que escriba esto en galego, porque xa sabedes que aínda que un ás veces renegue, a terriña tira moito. Xa subindo ó avión pesa marchar, e falalo galego sempre axuda.
Como sabedes, o martes salín de Santiago e pola noite cheguei, previa escala en Stansted, ó aeroporto de Skavsta en Nyköping, preto de Estocolmo, que é bastante diferente ó que calquera pode pensar que é un aeroporto sueco. Mal empezábamos. Eso, xunto co meu cansancio e o plan que me esperaba ó día seguinte, decidín ir a preguntar ó hotel que hay ó lado, e por un módico precio de 590 coronas pasei a noite como dios manda. Ó outro día cando me despertei chovía, mal asunto se pretendía dar uns paseos por Estocolmo, pero collín o bus e alá me fun. Malo sería. Efectivamente, a mañán foi unha merda, chovía que Dios a botaba xunta, pero o Couceiro aínda tiña aquel poncho de emerxencia que compráramos para aquel partido da fase de ascenso do Pontevedriña. ¡Qué ben me veu! Alá polo mediodía levantou, e tiven unha boa tarde para andar de gharana solitaria. Collín un metro e fun a ver o Skogkyrkogården, (Cementerio do bosque). Aínda que o nome pareza tétrico, trátase dun lugar digno de ver. Desconcertante. Nel un parece comprender un pouco máis a morte. Ou igual son monadas miñas. De volta ó centro da cidade aínda me dou tempo de dar unhas voltas máis e ir outra vez tras catro anos á Biblioteca pública de Estocolmo. Encántame volver ós sitios. Encantoume volver a Estocolmo.
Despois do día de voltas pola capital sueca, fun ó aeroporto de Arlanda, no que xa case que daba gusto pasala noite: internet gratis e sofás acolchados. Avión para Skellefteå e bus para o centro da cidade (desta volta non había ningén esperándome á miña chegada). Axencia de aloxamento para estudiantes e camiñata de media horiña con todo o petate de equipaxe hasta a miña nova casa. Desde entonces estou aínda en proceso de adaptación, que vos irei contando en días vindeiros, que tampouco vou a contar todo xunto, que teredes cousas mellores que facer que estar en Internet: ¿non tendes que estudiar/traballar? Pois eso, deica logo, raparigos.
PD: non teño fotos, trouxen a cámara coas pilas vacías e sin o cable para pasalas ó ordenador.




7 kommentarer:
Primer!!!!
Ya estamos con que si Skavsta es una mierda, bla bla bla.... Pues yo pasé una noche guapísima en ese suelo y al lado de un negro que se parecía sospechosamente a Edgar Davis.
Silvia te va a matar por llevarte la cámara sin pilas.
Nos vamos leyendo figura!! Cuídate.
Por cierto, fuiste capaz de encontrar la tumba de Greta Garbo? A mi me costó lo suyo...
En las condiciones en que llegué preferí gastarme las coronas.
La tumba de la Garbo la encontré perfectamente (siguiendo el mapa), con su lápida granate, como la camisola del Pontevedra.
Gracias por el primer kommentarer, fuiste rápido como una centella!
Tranquilos todos, el cable ya está de camino. Yo yambién quiero fotos ya!!
Cuenta cuenta que algunos ni estudiamos n trabajamos jaja. FOTACAS¡¡
Jajajaja, que razón tienes Merans!!!
¡Andas a poner esta mierda en idiomas raros y yo no se andar por aquí!
¡Ahora ya te tengo, cuelgue!
Así vas aprendiendo sueco para cuando volvamos en bici, mona!
Skicka en kommentar